viernes, 12 de octubre de 2012

"Códices: xoias das catedrais galegas na Idade Media"


É o título da exposición recén inaugurada na Cidade da Cultura, que comparte espazo con “Gallaecia Petrea” no Museo de Galicia, e nas que tiven o pracer de participar. En “Códices” a obra estelar é o Códice Calixtino, do século XII, considerada a primeira guía de peregrinos e que saltou á fama mundial tras ser substraído do arquivo da catedral compostelá e recuperado pola policía un ano despois, nun episodio digno de ser novelado ou levado ás pantallas. E como non hai mal que por ben non veña, quizais a raíz deste suceso a xente tomou conciencia da singularidade deste e doutros escritos para a historia de Galicia e da humanidade en xeral, e talvez esta sexa a orixe desta mostra irrepetible con doce xoias da produción documental medieval, expostas ao público ata xaneiro. Xunto co Calixtino, tiven ante a miña cámara outros once manuscritos, pezas únicas e orixinais realizadas entre os séculos X e XV, que nunca antes estiveran xuntas, ademais do Misal Auriense, o primeiro libro realizado nunha imprenta de Galicia, en Monterrei, no ano 1494. 






Grazas a este proxecto descubrín o mundo do saber atesourado nas cinco catedrais galegas, da man de arquiveiros e bibliotecarios, nun tempo no que a palabra escrita cotiza á baixa –xa non digamos a manuscrita–, e o que se impón é a inmediatez e a noticia-flash. Nun mundo que parece alimentarse unicamente de actualidade fugaz, sentinme un privilexiado captando o detalle, a filigrana, a textura de códices, tombos, cartularios, todos eles cun exquisito coidado na súa elaboración, e moitos con notación musical. Tinta sobre pergameo ou sobre vitela, magníficas letras capitais, colección única de miniaturas de monarcas e outros personaxes históricos, selos papais, preciosistas e luminosas iniciais decoradas en vermello intenso, dourado, azul turquesa, púrpura, burdeos, índigo, esmeralda... un auténtico luxo para os sentidos que vos aconsello non perder.


































































10 comentarios:

  1. xD!! Que envexaaaaaaaaaa!!!!!! Gracias por compartilo. Gracias, gracias, gracias, gracias, gracias, gracias, gracias. Voullo ensinar ós rapaces.

    ResponderEliminar
  2. Si que pode dar un pouco de envexa, que tal unha escursión polo Gaiás tedes Gallaecia Petrea e Codices, todo xunto no Museo de Galicia. E para botar o día enteiro, levade bocatas jeje.
    Alégrome de que che guste eu paseino de vicio.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  3. Magníficas fotos, gracias por tu generosidad al compartirlas, y gracias por mostrarnos esas maravillas, no dudo en ir a verlas de cerca, un saludo

    ResponderEliminar
  4. Nota do advertindo que as imaxes están protexidas por copyright do autor, pero ningunha fonte de referencia orixinal. Suge dúbida sobre a propiedade cultural intelectual de propiedade da Igrexa, e en moitos casos pode ata ter o apoio do público para a preservación e difusión.
    Iso non resolve este eloxio este fotógrafo para a alta calidade do seu traballo e estender eses tesouros.

    hay nota avisando que las imágenes tienen propiedad intelectual del autor; pero ninguna referencia su fuente original. Suge una duda sobre la propiedad intelectual de bienes culturales que son propiedad de la Iglesia, y que en muchos casos hasta pueden tener ayudas públicas para la preservación y difusión.
    ello no resta que se felicite a este fotógrafo por la gran calidad de su trabajo y por difundir estos tesoros.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas polo seu seguimento, pola súa aportación e o matiz que engade ao tema, así como a opinión que ten sobre o meu traballo, unha aperta

      Eliminar
  5. ovi, vendo as fotos podo ulir e tocar. incribles.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. graciñas Roci, a ver se vemos a expo xuntos, está moi moi ben

      bicos

      Eliminar
  6. Maravillas ocultas para el gran público hasta ahora, me parece muy buena idea sacarlas a la luz para que la gente las conozca y las aprecie, gracias por estas magnificas tomas

    ResponderEliminar